jueves, 28 de julio de 2011

Reviraventos


Caronte cruzando la Laguna Estigia, Patinir (1521)

Torce e retorce o ár cas súas unllas de agulla
maino, paseniñamente, acuogado
cá minuciosidade dun reloxeiro toma os fíos invisibles
os anoa, os enmaraña, os enlea, tecendo redes
para sair a pescar soños.
Brinca con pulo entre os tellados
asexa, dende as fiestras
espreita entre as fisuras das contraventás
vixía quedo nos cabeceiros
desprega súa rede sobre os durmintes, e nos rouba.
Os ollos secos do fume negro
os cornos negros do fume seco
longa saia que non agocha as zancadas de cabuxa,
precisión de morte gadaña
saco cheiño de soños dos que non han espertar.

Débolle a Caronte unha moeda por cada soño
Nun ollo levarei unha de ouro por quen se foi entre lamentos
Noutro ollo levarei unha de prata por quen se foi antes de tempo
E levarei na boca unha de bronce por quen se foi en paz

No hay comentarios: